sábado, 9 de febreiro de 2013

Entroido no Bar Lamelas, Celas, Culleredo


Este Luns día 11 de Febreiro no Bar Lamelas en Celas, Culleredo a partir das 22:00 haberá unha gran noite de entroido có fabuloso Grupo Revelación e coa Discoteca Movil Alcalá Music Nigth. Durante a noite celebrarase un concurso para elexir o mellor disfraz este terá un premio VIP. Non esquezas ir disfrazado!!! Isto promete. Non faltes.

Coordenadas do lugar: +43° 15' 1.35", -8° 24' 25.69"


sábado, 2 de febreiro de 2013

Afiche Charleston Big Band



Hoxe presentamosvos o afiche da orquesta Charleston Big Band para o seu ano 2013. Este ano virá cargado de moitas novidades como a grabación din novo CD e un novo equipo de sonido e organización do seu escenario movil con mais pantallas LED.
Desde De festa por Galicia desexamoslle moita sorte a formación nestes tempos de crise.
Charleston Big Band

Festa en San Xoán de Tabagón

Hoxe en San Xoán de Tabagón no concello de O Rosal en Pontevedra disfrutarán dunha grandísima verbena a cargo das orquestas Marbella e Televisión Nordés e o grupo La Oca.
Mañá domingo tirada de bombas de palenque. Pola tarde inchables  para os nenos e chocolate de valde para todos.
E... a disfrutar!

Festas en Budiño



En Budiño teñen festa a rachar. Hoxe no seu segundo día de festa estarán as orquestas Solara e Poceiro. O domingo toca o turno de Los Satelites e Capitol, para poñerlle broche final a catro días de festa o luns estarán Los Trovadores e Capitol.
Valo perder?