martes, 11 de xuño de 2013

Mónica Pañeda deixa Alianza, e nova incorporación

Mónica Pañeda, excomponente de grandes formacións como Olympus, fichou este ano 2013 pola Orquesta Alianza, pero viuse obligada a abandoar a Orquesta por un proxecto persoal co cal lle era incompatible.
No seu lugar entra a formar parte da formación Angie
Lavinia.

Moita sorte as duas!

sábado, 1 de xuño de 2013

Alboxoi, Mesia A Coruña!!

Hoxe en Albixoi festa na honra ao Corpus Christi a cargo da gran Orquesta Madeira!


Paris de Noia Estrea Montaxe!!

Moitos preguntaredesvos que vai pasar este ano coa montaxe do escenario de Paris de Noia. Recordamos que dita formación levaba as temporadas 2011 e a 2012 sen apenas cambios no seu escenario. Este ano parece que volven apostar por un gran cambio na montaxe. Polo de agora está aínda en proceso. Onte dia 31 de Maio presentaba un avance (ver imaxes,cortesia Alvaro Lodeiro) pero confirman que ainda queda moito por facer. Encanto dispoñamos de máis avances procuraremos de informarvos. www.parisdenoia.es

Despedida Informática1213

Dende aquí quero agradecer a compañeiros e sobretodo a profesores de informática todo o aprendido neste curso. Gracias a eles comecei este blog, que ainda que leva un tempo parado debido a exames eu asegurovos que chega o verán un verán cargado de moitas festas, e que intentarei poñer todo da miña parte para seguirvos informando.
Espero poder poñer en practica moitos proxectos utilizando todo o que aprendín e facer algo distinto, dedicado sobretodo a seguidores de orquestas. Agora mismo estou realizando un proxecto que moi pronto espero poder presentarvos a todos. Non é unha tarea doada, eu porei todo o meu empeño e farei o posible dentro das miñas posibilidades. (Recordade o meu outro proxecto www.javiercarnota.tk , fai dous meses cumplia 3 anos.)
 Aquí sempre teredes información de festas, últimas noticias, etc. Todo actualizado o antes posible.
E repito, gracias Gumer, gracias  Ángel por animarnos con este proxecto a todo Inforeba1213, foi unha gran esperiencia tanto para profesores como alumnos, creo que non son o único que vou seguir dando caña.
Un saúdo.

Prezi sobre Redes Sociais

Aquí deixo un Prezi feito na aula de informática sobre o Whatsapp que tan presente está nas nosas vidas.