sábado, 12 de abril de 2014

Grandes festas en Celas de Peiro 2014 na honra a San Outelo

Un ano máis a parroquia cullerdense de Celas de Peiro celebra as súas grandes festas na honra a San Outelo. Como cada ano durante o fin de semana seguinte a Semana Santa a parroquia vive dous días de festa con actuacións de grandísimas orquestas, gastronomía e exivicións caninas. O programa é o seguinte:
Sábado 26 de Abril:
  • 9:00 Bombas de palenque na honra a San Outelo.
  • 11:00 Quedada de TODO TERRENOS.
  • 13:00 Misa solemne do Resucitado e procesión coa imaxe do Cristo Resucitado.
  • 14:00 Sesión vermú a cargo da Orquesta Los Player's.
  • 18:00 Xogos infantís para os nenos e nenas.
  • 22:00 Gran verbena coa actuación da Orquesta Los Player's e Disco-móvil Alcalá Music Night.
Durante todo o día haberá PULPADA E CHURRASCADA con carpa, mesas e sillas.

Domingo 27 de Abril:
  •  9:00 Bombas de palenque na honra a San Outelo.
  • 12:00 II Feira de Artesanía (hasta as 19:00).
  • 13:00 Misa solemne e procesión na honra a San Outelo e BENDICIÓN DOS CANS.
  • 14:00 Sesión vermú a cargo da gran Orquesta Trebol e sorteo dunha cesta, un xamón e unha bicicleta.
  • 17:30 Xogos infantís para os nenos e nenas e DEMOSTRACIÓN DE AGILITY E DEFENSA por parte do club de Lobos de Nario. CONCURSO canino con premio ao can máis grande e ao máis pequeno.
  • 19:30 Actuación da espectacular Orquesta Trebol. 

A COMISIÓN AGRADECE A TODOS OS VECIÑOS E COLABORADORES A SÚA COLABORACIÓN 



¡O CAMPO DA FESTA ESTÁ CUBERTO!